Javi Rodríguez: "Cando non estás ben coa pelota tes que saber sufrir" | OneFootball

Javi Rodríguez: "Cando non estás ben coa pelota tes que saber sufrir" | OneFootball

Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·14 de maio de 2025

Javi Rodríguez: "Cando non estás ben coa pelota tes que saber sufrir"

Imagem do artigo:Javi Rodríguez: "Cando non estás ben coa pelota tes que saber sufrir"

O Celta sumou unha valiosa vitoria este martes en Anoeta ante a Real Sociedad (0-1), nun encontro moi traballado no que a seriedade defensiva foi clave. Ao remate do partido, o central celeste Javi Rodríguez valorou o esforzo do equipo e destacou a importancia dos tres puntos.

“As sensacións sempre son boas cando se gaña, pero sufrimos moito. É un campo moi complicado e xogabamos contra un rival que leva moitos anos competindo en Europa. Tocounos sufrir, pero aproveitamos a que tivemos e levamos os tres puntos, que eran moi importantes, e máis aínda fóra da casa”, comentou.


Vídeos OneFootball


O canteirán insistiu na importancia de manter a portería a cero e no traballo colectivo defensivo: “Cando non estás moi ben coa pelota, tes que saber sufrir, defender todos xuntos. Soubemos facelo, e con portería a cero é máis fácil gañar”.

O defensa tamén puxo en valor o rival e o contexto do partido: “Cada partido é importante, pero este máis, xa que era un rival directo nas mesmas posicións. Tres puntos para Vigo, estamos moi contentos e xa pensando no seguinte encontro”.

Por último, tivo palabras de agradecemento para a afección celeste: “Este ano a afección estivo de dez, e hoxe queremos agradecerlles que, sendo martes, viñeran ata aquí a apoiarnos”.

Saiba mais sobre o veículo