moiceleste.com
·26 de abril de 2025
moiceleste.com
·26 de abril de 2025
Foto: Marta G. Brea / Faro de Vigo
Nunha entrevista para as redes sociais do Celta, Vikcy Vázquez amosou as súas sensacións antes do vital partido que disputarán mañá As Celtas ante o Olímpico de León. A adestradora celeste suliñou que"físicamente estamos todas disponibles, unha sinal moi boa do traballo que estamos facendo. Mentalmente véxoas preparadas para este partido".
A adestradora viguesa apuntou que trata de manter a concentración "establecendo e mantendo rutinas diarias e semanais", e lembrou que gañar "non é unha obriga, senón unha consecuencia do traballo que facemos todo o ano. Simplemente o afrontamos con moita ambición", explicou sobre a presión que poden sentir as xogadoras neste encontro.
Ademáis engadiu que "tódolos partidos teñen a mesma importancia", e deu por sentado o apoio da afección: "Todo o apoio da afección durante a tempada foi espectacular, e non teño dúbida que neste partido nos van arroupar tamén" .