O Celta únese á dor polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro | OneFootball

O Celta únese á dor polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro | OneFootball

Icon: moiceleste.com

moiceleste.com

·22 de janeiro de 2025

O Celta únese á dor polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro

Imagem do artigo:O Celta únese á dor polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro
Imagem do artigo:O Celta únese á dor polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro

O Celta enviou este mércores as súas condolencias polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro, popular locutor da Radio Galega e presentador da Televisión de Galicia, que saltou á fama nos anos noventa ao presentar o concurso “Súper Martes” na canle autonómica galega. Nos últimos anos presentaba o programa “Bamboleo”, que se emitía na mesma canle.

Residente en Vigo e recoñecido celtista, Súper Piñeiro recibiu unhas agarimosas palabras do Celta tras coñecerse a nova do seu pasamento: “A familia celeste únese á dor polo pasamento de Xosé Manuel Piñeiro. Un profesional comprometido coa nosa lingua e todo un emblema da comunicación galega. Descansa en paz, Superpiñeiro”.

Saiba mais sobre o veículo